Para comprobar se son quen de escribir algo novo
ola estou provando a ver se son quen de explicar novas cousas. Agradezo todas as contribucións que houbo no meu blog outro dÃa escribo un chisco máis, agora estou en clase
ola estou provando a ver se son quen de explicar novas cousas. Agradezo todas as contribucións que houbo no meu blog outro dÃa escribo un chisco máis, agora estou en clase
Ola, é a primeira vez que fago un blog, co cal aínda non sei moi ben como me vai ir o intento. O primeiro que estou intentando facer é introducir algún tipo de contido, e ver como funciona o tema fedellando nas opción que me aparecen. Agardo dar saido airosa do intento.
O tema deste blog trata da vida ao rematar os estudos universitarios. Co cal poderáse dar entrada a un número considerable de cousas, ao meu ver. Por exemplo, podemos falar do que estamos a facer no máster de lingua e usos profesionais, para o que vai encamiñado este blog, e sobre todo de como vemos as nosas posibles saídas profesionais co que levamos aprendido.
Outra cousa que pode dar cabida é a falar das experiencias que temos do que é rematar os estudos e atoparse con que un ten que buscar o primeiro traballo, bolsas diversas, ou algún medio de substento para poder ir tirando, e de como vos foi a cada un de bós no intento.
Eu, como xa teño comentado noutros lugares, tiven unha certa sorte ao rematar os estudos. Xusto catro días despois de facer o meu último exame da carreira en xuño dixéronme que tiña unha bolsa para traballar no verán nun servizo de normalización no concello de Betanzos. E xa o rematar esa bolsa, obtiven outra para traballar na universidade na Vicerreitoria de Calidade. Actualmente estou pensando en ver se é posible poñerme a traballar, pois acaban de sacar unha lei dentro da universidade na que se impide que as persoas que levan máis dun ano de bolseiras renoven o seu contrato, ou o soliciten outra vez (se tal, máis para diante podo poñer un enlace no que se poida ver a nova normativa), tampouco permite pedir bolsas si se ten máis de 28 anos e non sei cantas cousas máis. Así que terei que ir pensando nas miñas posibles saídas profesionais ¿como vedes as cousas?. Este blog ábrese a posibles suxerencias de traballos que se vos ocurran que poida realizar unha licenciada en filoloxía galega. Sen máis, moitos bicos a todos (penso que xa escribín bastante).
Noticias: Noticias